Agrobiotech Innovación

O Programa Centro de Excelencia para o impulso do crecemento sustentable da peme innovadora galega - "AgroBiotech Innovación" - constitúe unha iniciativa desenvolvida polo Parque Tecnolóxico de Galicia, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), que aspira a incrementar o nivel de excelencia daquelas pemes innovadoras galegas que amosen potencial de crecemento e que estean centradas en actividades priorizadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).
 
O Programa persegue impulsar o despegue das empresas participantes a través dun plan de traballo práctico, orientado principalmente a aumentar o potencial innovador das empresas participantes, favorecendo o desenvolvemento de novos produtos ou servizos innovadores, o establecemento de relacións comerciais ou facilitar a transferencia e o acceso de información entre empresas.
 
A primeira edición deste programa tivo lugar en 2015 e a segunda edición estase desenvolvendo en 2017.
 
É posible consultar a información do Programa na web agrobiotech.gal