Subvencións para implantar RSE e igualdade nas PEMES

Buscar

Publicouse a ORDE do 12 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2014.
 
Esta orde cubre as accións que se realizarán entre o día 1 de xaneiro de 2014 e a data  de remate do prazo de xustificación destas axudas as seguintes actuacións:
 
Liña I (TR357B). Axudas para implantar a RSE nas empresas galegas.
Subvencionarase a formación de persoal das empresas en materia de responsabilidade social empresarial. O obxecto desta formación é capacitar o persoal das empresas galegas para que elaboren a memoria de sustentabilidade ou memoria de RSE.- 
 
Contía da axuda: ata o 100% dos gastos da actividade, cun máximo de 800 euros por persoa que  asista á formación e un máximo de 2.400 € por empresa.
 
Liña II (TR357C). Axudas para o fomento da igualdade laboral.
 
  • Programa 1. Axudas para a implantación de plans de igualdade:
a) realización dunha diagnose da realidade da empresa: ata o 100 % dos gastos necesarios para a realización da actividade cun máximo de 2.000 euros por entidade beneficiaria.
b) asistencia a cursos de formación: ata o 100 % dos gastos necesarios para a realización da actividade cun máximo de 600 euros por persoa formada.
 
c) contratación de persoal: máximo de 800 euros/mes e unicamente mentres persista o asesoramento.
 
d) contratación de empresa ou entidade externa. Ata o 10% da contratación e un máximo de 500 €.
  • Programa 2. Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes. Ata o 100 % dos gastos e un máximo de 22.000 € por empresa.
  • Programa 3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral. Ata o 100 % dos gastos necesarios para a realización das actuacións consideradas como subvencionables cun máximo de 6.000 € por entidade beneficiaria.
 
Prazo de solicitude ata o 26 de xullo de 2014.
 
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140625/AnuncioCA05-130614-0001_gl.pdf e na Consellería de Traballo e Benestar