Conecta Peme 2018

Buscar

Próximos Eventos

No hay eventos por el momento

O programa Conecta Peme, destinado a financiar proxectos empresariais de I+D+i en cooperación entre empresas, publicarase previsiblemente durante a próxima semana no Diario Oficial de Galicia (DOG). Porén, xa están dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación as bases da convocatoria así como o calendario cos talleres de presentación que se celebrarán nas catro provincias galegas.

Obxecto da axuda

Fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

Incrementar a I+D+i empresarial en Galicia primando na selección dos proxectos o novidoso das tecnoloxías xeradas e, en especial, a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: Fondo perdido
Axuda: Dende un 15% ata un 80% de intensidade máxima da axuda sobre o custo subvencionable, en función do tipo de empresa e do tipo de proxecto.
Orzamento solicitude: Orzamento subvencionable mínimo de 500.000 euros e máximo de 1.500.000 euros
Orzamento total: 27.000.000 €

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as agrupacións de empresas formadas como mínimo por tres empresas non vinculadas entre si e como máximo por seis, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes.

Máis información