Novo servizo de fotografía de marca persoal dende Tecnópole

O estudio da fotógrafa Lena Repetskaya, con sede en Tecnópole, acaba de lanzar un novo servizo de fotografía para axudar a todo tipo de profesionais a mellorar a súa marca persoal a través da imaxe.

Repetskaya, cunha ampla traxectoria en fotografía de estudio, deseñou un paquete profesional que inclúe, ademais dunha sesión de dúas horas, o asesoramento de imaxe necesario para adaptar o look aos obxectivos de cada persoa e o deseño da sesión en función dos atributos que se queren transmitir coas fotografías, en función da profesión e as características de cada persoa.

"Hoxe en día, a primeira impresión online é tan importante como unha primeira impresión en persoa. Mandamos currículos por email, contactamos con novos colaboradores a través das redes sociais e mesmo por Whatsapp... e a fotografía que utilizamos xera un impacto que convén coidar", explica Repetskaya.

A sesión fotográfica pode realizarse no estudio de Tecnópole, no lugar de traballo do cliente ou nun exterior, a elección de cada persoa.

O prezo de lanzamento do servizo é de 150 euros. Os traballadores de Tecnópole e do Polígono de San Cibrao das Viñas terán un desconto especial do 15%.

(Fonte: Lena Repetskaya Studio)