Almorzos Tecnolóxicos

Vés almorzar con nós?

 
Esta serie de almorzos tecnolóxicos enmárcase dentro do obxectivo de promocionar a competitividade das empresas do parque e dos grupos de investigación que traballan nos diferentes centros tecnolóxicos instalados no parque a través da promoción da súa tecnoloxía e o fomento da colaboración a través de intercambio de coñecementos tecnolóxicos, ou ben de compra - venda de tecnoloxía ou dos servizos que se prestan mediante esa tecnoloxía.
 
O público obxectivo serán as propias empresas do parque – entidades a promocionar- e as empresas situadas no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
 
O obxectivo final destes almorzos tecnolóxicos é que os participantes se coñezan entre si e expresen os seus intereses e áreas tecnolóxicas nas que traballan relacionadas co tema exposto de cara a posibles colaboracións cos presentes no futuro. Previo á xornada, as empresas fan unha pequena rolda de presentación co obxecto de fomentar a iteración entre elas facendo fincapé nas novas incorporacións da Tecnópole.
 
Así mesmo, dos almorzos sairá un catálogo con periodicidade semestral en formato dixital que dará a coñecer as tecnoloxías innovadoras realizadas polas empresas presentadas en cada edición.
 
Duración: seis meses.
Frecuencia: unha ao mes.
Lugar: 3ª Planta do Edificio CEI.
 
  • Mércores 21 de marzo de 9:30h a 10:30h
    “Acercamento aos fundamentos da comunicación e a negociación no marco dun contorno internacional”.
    Pilar Blanco Tuimil
    Directora Exportrends
     
    Inscrición
     
  • Mércores 21 de febreiro de 9:30h a 10:30h
    "A nova Lei de Contratos do Sector Público: Principais novidades, retos e oportunidades para os operadores económicos de servizos tecnolóxicos"
    Bruno Ángel Pérez Conde
    Director de New Legal Project