Unha empresa do Parque Científico de Alacante opta aos premios European Venture contest de Innovación

Olax22 SL empresa de base tecnolóxica do Parque Científico de Alacante foi unha das empresas seleccionadas de todo o ámbito europeo como finalista no European Venture contest (EVC), polo seu novidoso procedemento para recuperar os compoñentes contidos nos residuos xerados na industria flexográfica e de ocogravado.
 
A semifinal, na que participou Olax22, tivo lugar os días 29 e 30 de marzo e celebrouse dentro do Forum Europeo Innovact, feira organizada pola Cámara de Comercio e Industria de Reims, Francia, onde expuxeron o seu proxecto.
 
Esta empresa, de recente creación, comprometida co medio ambiente, utiliza un procedemento novidoso que permite transformar residuos da industria flexográfica e de ocogravado en materia prima que pode ser utilizada nas propias industrias de impresión, reducindo a cantidade de materias primas consumidas e diminuíndo o impacto ambiental que xera a actividade industrial.
 
O obxectivo do European Venture contest é identificar as novas empresas máis innovadoras con maior potencial co fin de reforzar a competitividade e o crecemento europeo. Para iso, a organización Europe Unlimited, dedicada ao fomento de empresas tecnolóxicas e de innovación, organiza este concurso no que foron convocadas todas as novas empresas do sector dos países membros da Unión Europea.
 
O concurso European Venture contest, realízase ao longo de todo o ano en diversas cidades europeas, e os participantes teñen a oportunidade de obter visibilidade, recoñecemento internacional e a posibilidade de atopar financiamento privado. Ademais, as empresas seleccionadas para a final competirán por un premio de 90.000 €.
 
(Fonte: APTE)