A nova tempada de almorzos tecnolóxicos comeza con recomendacións para unha vida persoal e profesional saudable

Buscar

Suscripción Newsletter

Introducir e-mail

Próximos Eventos

No hay eventos por el momento

Tecnópole renova o seu calendario de almorzos tecnolóxicos con novas citas mensuais a partir do próximo 4 de abril. A primeira cita da tempada 2019 para tomar café con ideas novas en Tecnópole terá como tema central a actividade física como motor dunha vida persoal e profesional saudable.

O almorzo, que terá lugar este xoves a partir das 9.30 no Edificio CEI, está aberto a inscrición gratuíta.

Iago Saco, graduado en ciencias da actividade física e o deporte e técnico deportivo no Tecnópole Sport Center, será o encargado de transmitir aos asistentes unha serie de pautas e recomendacións para introducir o exercicio como un factor de mellora que ten consecuencias positivas tamén sobre o rendemento no traballo. Durante a súa charla, analizará os obstáculos que presenta o actual ritmo de vida e de traballo para conseguir un estilo de vida saudable e apuntará algunhas das principais claves para superalos.

Esta serie de almorzos tecnolóxicos enmárcase no obxectivo de Tecnópole de contribuír a promover activamente a competitividade das súas empresas e centros tecnolóxicos. Este formato, de participación reducida, non só persegue a actualización de coñecementos sobre temas legais, administrativos, comerciais ou relativos a tendencias do mercado, senón que se concibe como un espazo de relación entre as empresas do Parque entre elas e con outras, xa sexa en termos de contactos comerciais ou para o inicio de proxectos de innovación conxuntos.

(Fonte: Tecnópole)