Oportunidades no Horizon 2020: Saúde, Bioeconomía e Envellecemento Activo

Lun
Mar
Mié
Jue
Vie
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Junio 2014
 

Próximos Eventos

No hay eventos por el momento
HORIZON 2020
Na xornada “Saúde, Bioeconomía e Envellecemento Activo” presentaranse as oportunidades de financiamento que ofrecen os programas europeos de investigación e innovación que pretenden dar esposta ao reto do envellecemento da poboación en Europa, e que representan á súa vez unha oportunidade para as empresas innovadoras e para a apertura de novos mercados. Tamén se darán a coñecer as iniciativas que se están a desenvolver en Galicia para acadar un modelo de vida saudable e os instrumentos de apoio dispoñibles para as entidades galegas.
 
A xornada terá un carácter eminentemente práctico, na cal se describirán as axudas e os servizos de apoio que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) pon a disposición das PEMES galegas e dos axentes de innovación para a elaboración das propostas, e se dará resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes. En tal senso, as empresas que o desexen poderán manter unha entrevista bilateral con representantes de CDTI e de GAIN para aclarar dúbidas.
 
Oportunidades no Horizon 2020: Saúde, Bioeconomía e Envellecemento Activo
3 DE DECEMBRO DE 2014
09:30 h - 13:00 h
Centro de Supercomputación de Galicia
Avenida de Vigo, s/n, Santiago de Compostela
Videoconferencia con Tecnópole