I Foro anual RIS3 Galicia - Rexión Norte

Lun
Mar
Mié
Jue
Vie
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Junio 2014
 

Próximos Eventos

No hay eventos por el momento
Organizado conxuntamente pola Axencia Galega de Innovación e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, que se celebrará o vindeiro 7 de novembro no Parador de Baiona e que dará comezo o proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 conxunta para a Eurorrexión.
 
A Comisión Europea está a impulsar a cooperación transfronteiriza no ámbito das estratexias de especialización intelixente coa finalidade de desenvolver res postas coordinadas a desafíos comúns e acadar instrumentos de apoio á innovación máis eficaces e de maior alcance. A Estratexia RIS3 Galicia-Rexión Norte, que empezará a definirse no marco deste Foro, será unha peza clave a ter en conta para a captación de financiamento público para o desenvolvemento de actividades innovadoras no período 2014-2020.
 
A elaboración da estratexia RIS3 conxunta da Eurorrexión, que se desenvolverá a través dun proceso aberto e participativo, é unha oportunidade estratéxica para definir o noso futuro.
 
I Foro anual RIS3 Galicia - Rexión Norte
Presentación do proceso de elaboración dunha estratexia RIS3 para a Eurorrexión.
7 DE NOVEMBRO DE 2014
10:00 h