H2020: Oportunidades de Financiamento: Instrumento Pemes.

HORIZON 2020
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), organiza unha serie de xornadas informativas sobre o programa Horizon 2020.
 
O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer diferentes convocatorias deste programa que financia proxectos de investigación e innovación en diversas áreas temáticas no contexto europeo, contando con case 80.000 millóns de Euros para o período 2014-2020.
 
Estas xornadas terán un carácter eminentemente práctico, podendo manter as entidades que o desexen unha xuntanza bilateral cun representante de CDTI ou da Axencia Galega de Innovación.
 
H2020: Oportunidades de Financiamento: Instrumento Pemes.
3 DE XUÑO DE 2014
09:30 h - 11:45 h
Santiago de Compostela (CESGA)
Videoconferencia con Tecnópole