The Future Internet Public-Private Partnership FI-PPP

Lun
Mar
Mié
Jue
Vie
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Junio 2014
 

Próximos Eventos

No hay eventos por el momento

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2014

09:30 h - 14:00 h
Centro de Supercomputación de Galicia
Avenida de Vigo, s/n, Santiago de Compostela
Videoconferencia con Tecnópole
 
Máis de 80 millóns en financiamento para PEMES E Start Ups no marco do Programa Europeo Internet do Futuro
 
O programa de I+Dì europeo FI-PPP (Future Internet Public Private Partnership) pon na súa terceira fase a disposición das PEMES e emprendedores 80 M€ para o desenvolvemento de produtos e servizos innovadores empregando a tecnoloxía despregada nas anteriores fases do programa.
 
O acceso a este financiamento articularase a través de diferentes convocatorias xestionadas polas aceleradoras seleccionadas na etapa anterior da iniciativa, que contan con diferentes orientacións temáticas (eHealth, Enerxia e Medio Ambiente, Smart Cities, etc) para que os servizos de aceleración que se prestarán ás entidades seleccionadas se adapten plenamente ás necesidades de cada proxecto.
 
Ademais dunha axuda que oscilará entre os 50.000€ e 150.000€, accederase a un excelente ecosistema de innovación con servizos de soporte a nivel internacional: mentoring, networking, formación e acceso a investidores especializados, entre outros. Unha excelente oportunidade para convertir unha boa idea nun produto ou servizo comercial de éxito.
 

OBXECTIVOS DA XORNADA

 
Informar sobre os requisitos e condicións destas axudas que se lanzarán a través de convocatorias competitivas ao longo de setembro e outubro de 2014 e presentar o servizo específico de apoio á participación no programa que se ofrecerá dende a Axencia Galega de Innovación.