Subvencións para solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois e no exterior

Search

Upcoming Events

There are no events at the moment
O 4 de xuño se publicou no BOE a convocatoria do Ministerio de Industria, enerxía e Turismo das subvencións para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade pola Oficina Española de Patentes e Marcas, co fin de impulsar actuacións dirixidas a promover o acceso á Propiedade Industrial nacional e internacional dos inventores españois.
 
A protección destas patentes articúlase principalmente arredor do sistema de patentes europeo. Non obstante, o acceso das empresas españolas ao dito sistema presenta numerosas dificultades, destacando o custo da protección na Oficina Europea de Patentes, radicada en Múnich, e o feito de que esta Oficina non utilice como idioma de traballo o español.
 
Prazo de presentación de solicitudes ata o 5 de xullo. (Axuda suxeita a mínimis)
 
A continuación resumímoslle as principais características dos dous programas dos que consta esta liña de financiamento:
 
PROGRAMA DE AXUDAS PARA O FOMENTO DE SOLICITUDES DE PATENTES E MODELOS DE UTILIDADE NO EXTERIOR (Presuposto: 3.360.631 €)
 
Finalidade: Solicitudes de patentes e modelos de utilidade no estranxeiro, utilizando a vía nacional dos distintos países, a vía europea a través do previsto no Convenio sobre a concesión de Patentes Europeas (CPE) (Munich) ou a vía do Tratado de Cooperación en materia de patentes (PCT) (Washington). Que reivindiquen prioridade unionista ben sexa nacional, europea ou internacional.
Beneficiarios: Persoa con domicilio en España, titular da solicitude de patente ou modelo de utilidade no estranxeiro, que reúna un dos seguintes requisitos:
  • Sexa unha persoa física.
  • Sexa considerado pequena ou mediana empresa (PEME).
  • Sexa unha grande empresa privada.
  • Sexa unha institución privada sen ánimo de lucro sen dependencia ou vinculación ao sector público.
Actividades subvencionables: Cuxo gasto se realizase desde o 4 de maio de 2012 ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
 
a) A extensión dunha solicitude de patente ou dun modelo de utilidade ante as oficinas nacionais de países terceiros ou oficinas rexionais de patentes no marco de procedementos de concesión de patentes ou modelos de utilidade nacionais ou rexionais. Serán subvencionables os trámites seguintes:
 
  • A solicitude dunha patente ou dun modelo de utilidade.
  • A validación dunha patente europea.
  • A busca de anterioridades no estado da técnica.
  • O exame da solicitude de patente.
  • A concesión da patente.
  • A designación de países, o exceso do número de reivindicacións e as anualidades ante a Oficina Europea de Patentes (EPO).
  • A tradución das memorias completas das solicitudes de patente ou de modelos de utilidade con obxecto de presentar esta ante as oficinas nacionais de países terceiros ou oficinas rexionais de patentes. (máximo 700€/tradución)
b) As actividades realizadas dentro do procedemento internacional PCT. Serán subvencionables os seguintes trámites:
 
  • A solicitude internacional PCT cando a OEPM actuase en calidade de Oficina Receptora.
  • A busca internacional cando a OEPM actuase en calidade de Administración de Busca Internacional.
  • O exame preliminar internacional cando a OEPM actuase en calidade de Administración de Exame Preliminar Internacional.
 
En ningún caso serán obxecto de subvención as validacións de patentes europeas en España ou as entradas en fase nacional en España de solicitudes internacionais PCT, nin as traducións ao castelán. Só se subvencionará unha tradución por idioma e solicitude prioritaria.
 
Contía da subvención: Non poderá superar a subvención o 70% das contías de referencia por actividade, sendo o máximo 60.000 €. No caso de PEME ou persoa física non poderá superar o 80%, sendo o máximo  65.000 €.
 
 
PROGRAMA DE AXUDAS PARA O FOMENTO DE SOLICITUDES DE PATENTES E MODELOS DE UTILIDADE ESPAÑOIS PARA A PEME E AS PERSOAS FÍSICAS(Presuposto: 206.530 €)
 
Finalidade: Solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois que non reivindiquen ningunha prioridade unionista.
 
Beneficiarios: Persoa con domicilio en España, titular da solicitude de patente ou modelo de utilidade no estranxeiro, que reúna un dos seguintes requisitos:
  • Sexa unha persoa física.
  • Sexa considerado pequena ou mediana empresa (PEME).
 
Actividades subvencionables: Imprescindible que se aboasen as taxas correspondentes e se publicase o modelo de utilidade ou a solicitude de patente xunto co IET no BOPI da OEPM.
 
  • A solicitude dun modelo de utilidade español.
  • A solicitude e a realización do informe de busca de anterioridades no Estado da Técnica (IET) para solicitudes de patentes españolas.
  • A solicitude dunha patente española prioritaria dunha solicitude internacional PCT cuxo Informe de Busca Internacional (IBI) se realizase con anterioridade ao IET
 
En ningún caso serán obxecto de subvención as validacións de patentes europeas en España ou as entradas en fase nacional en España de solicitudes internacionais PCT..
 
Contía da subvención: Non poderá superar a subvención do 70% das contías de referencia por actividade, sendo o máximo 60.000 €. No caso de PEME ou persoa física non poderá superar o 90%, sendo o máximo  65.000 €.