Subvencións do INEGA a proxectos de aforro e eficiencia enerxética na industria e servizos para o ano 2013

Search

Upcoming Events

There are no events at the moment
O Instituto Energético de Galicia (INEGA) ten abierto o prazo para a presentación de solicitudes para subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética na industria e servizos para o ano 2013.

a) No sector industrial esta liña financia os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, a renovación de equipamentos de instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas, por outras de alta  eficiencia enerxética, con excepción das que utilicen enerxías renovables, a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior existentes que leven asociada unha redución anual de, ao menos, un 30 % e calquera outra actuación que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

Neste caso poderán ser beneficiarias as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, incluídas no sector da industria (sección C e D do CNAE-2009), coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, e no sector servizos.
 
b) No sector servizos esta liña finanzas a substitución de equipamentos para a produción de calor e/ou frío, excepto os que empreguen enerxías renovables, que reduzcan os consumos de calefacción e refrixeración da empresa como mínimo nun 20 %, as medidas necesarias para implementar unha contabilización e/ou telexestión do consumo de enerxía, a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior existentes que leven asociada unha redución anual de, ao menos, un 30 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vai realizar e calquera outra actuación mencionada nos guións anteriores que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

Neste caso poderán ser beneficiarias as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía.

Considéranse custos subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha. Non se considera subvencionable nin o proxecto de enxeñaría nin a obra civil, nin gastos de legalización. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá ser de 6.000 euros.

A contía máxima da axuda será do 20 % do investimento subvencionable. Esta contía  incrementarase en 20 puntos porcentuais para axudas a pequenas empresas e 10 puntos porcentuais para axudas a medianas empresas. En todo caso a axuda máxima non superará os 200.000 euros por proxecto.
 
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 20 de xuño.