Subvencións 2013 para investimentos innovadores (procedemento IN848A)

Search

A Axencia Galega de Innovación ven de publicar para o ano 2013 a convocatoria das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa I2C INN) (código de procedemento IN848A)
 
- Accións subvencionables

A. Investimentos innovadores. Ata 150.000 € por proxecto.
B. Dotación de unidades de I+D. Ata 100.000 € por proxecto.
C. Transferencia de tecnoloxía. Ata 20.000 € por proxecto.
 
- Conceptos subvencionables: realización de investimentos en maquinaria necesaria para o proxecto, adquisición de equipamento específico, instalacións e acondicionamentos, custo de adquisición de dereitos de propiedade industrial.

- Subvencións: 30% grandes empresas e empresas do transporte, 40% medianas empresas, 50% pequenas empresas.
 
- Prazo de presentación: ata 22/08/2013

Un mesmo proxecto de investimento só poderá ser presentado a unha das convocatorias: Axudas para equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes convocada polo Igape ou Axudas para investimentos innovadores para o crecemento empresarial convocada pola Axencia Galega de Innovación.
 
Máis información en http://gain.xunta.es/ e tramitacións en https://sede.xunta.es