Programa FEDER-INNTERCONECTA 2015

Search

Upcoming Events

There are no events at the moment

Hoxe publicouse a Convocatoria do ano 2015 de Subvencións destinadas a fomentar a Cooperación Rexional en Investigación e Desenvolvemento: Programa FEDER-INNTERCONECTA.

 

A data de peche para a presentación de solicitudes establécese no 30 de xuño. Esta convocatoria ten un presuposto de 110 millóns de euros en concepto de subvencións a fondo perdido.

 

As principais características desta Convocatoria son:

 

1.       Fináncianse proxectos de I+D desenvolvidos por consorcios empresariais de carácter rexional ou inter-rexional, con resultados próximos a mercado.

 

2.       Prioridades temáticas: a) saúde, cambio demográfico e benestar; b) seguridade e calidade alimentarias; actividade agraria produtiva e sustentable, recursos naturais, investigación mariña e marítima; enerxía segura, eficiente e limpa; transporte intelixente, sustentable e integrado; acción sobre o cambio climático e eficiencia na utilización de recursos e materias primas; f) cambios e innovacións sociais; g) economía e sociedade dixital; h) seguridade, protección e defensa.

 

3.       Presupostos financiables por proxecto: entre 1M€ e 4M€.

 

4.       Proxectos plurianuais: dous ou tres anos, debendo iniciarse na anualidade 2015, e finalizando ben o 31/12/16, ben o 31/12/2017.

 

5.       Só se financiarán proxectos desenvolvidos en: ANDALUCÍA, ASTURIAS, CANARIAS, CASTELA A MANCHA, ESTREMADURA, GALICIA, MURCIA, CEUTA e MELILLA.

 

6.       Consorcio: mínimo de 2 empresas autónomas entre si; polo menos unha delas ha de ser grande ou mediana, e outra ha de ser PEME. Máximo: 6 empresas. O representante do consorcio será unha empresa grande ou mediana.

 

7.       Intensidade da axuda: pequenas empresas 60%, medianas 50% e grandes 40%.

 

8.       Pago anticipado de ata un 75% da subvención concedida por anualidade.

 

9. Non se solicitarán garantías adicionais, e os proxectos no poderán ser iniciados con anterioridade á solicitude da axuda.

 

10. Gasto subvencionable: 1) gastos de persoal –dados de alta en centros das CC.AA. mencionadas-; 2) custos de adquisición de equipamento, instrumental e material –amortización-; 3) material funxible, subministros e produtos similares; 4)custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes; 5) gasto derivado do informe auditor.

 

11. Fin de prazo de solicitudes: 30 xuño 12:00h

 

 
Máis información en: