Liña de Innovación Global (LIG) do CDTI

Search

Upcoming Events

There are no events at the moment
A Liña de Innovación Global (LIG) financia proxectos de investimento en innovación e incorporación de tecnoloxía innovadora para o crecemento e internacionalización de empresas que desenvolvan as súas actividades en España, tanto en instalacións situadas en España como no estranxeiro. Estes proxectos implican a incorporación e adaptación de tecnoloxías para adecuarse aos requirimentos de novos mercados, mellorar a posición competitiva da empresa e xerar valor engadido adicional.
 
Beneficiarios
Empresas pequenas e medianas (Pemes) e de mediana capitalización (midcaps). Os investimentos realizados no estranxeiro poderanse vehicular a través de empresas mixtas sempre que consoliden contas coa empresa española ou ben a través de filiais, sucursais e establecementos no estranxeiro.
 
Partidas financiables
Adquisición de activos fixos novos relacionados coa innovación que se pretende implantar.
Contratación de servizos externos e subcontratacións
Gastos de auditoría
 
Características da axuda
Presuposto mínimo do proxecto: 667.000 euros.
Presuposto máximo do proxecto: 10.000.000 euros.
 
Duración do proxecto: máximo 24 meses.
 
Modalidade e condicións de financiamento
 
  • Préstamo de ata o 75% do presuposto totalfinanciable. O financiamento completo do proxecto debe estar asegurado.
  • Tipo de xuro: o tipo de xuro calcularase préstamo a préstamo, tendo en conta as características da operación e do beneficiario tras unha análise realizada poloCDTI. Para o cálculo deste tipo de xuro aplicarase estritamente a metodoloxía establecida na "Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización (2008/C14/02). O tipo de xuro determinarase no momento da concesión da axuda.
  • Prazo de amortización: 7 anos.Garantías: Solicitaranse avais de entidades financeiras con suficiente solvencia a xuízo do CDTI polo 50% do préstamo, podendo chegar ao 100% segundo a análise económica - financeiro realizado polo CDTI.
  • Anticipos: 25%, 50% ou 75% do préstamo ata un máximo de 4 millóns de euros sen garantías adicionais ás xa esixidas.
  • Desembolso: tras a certificación do fito único do proxecto, debendo presentar unha auditoría de gastos previa.
  • Compatibilidade: O préstamo concedido por CDTI a través desta liña é incompatible con calquera outra liña de financiamento do CDTI destinado ao mesmo proxecto.
 
Solicitude: A solicitude realizarase na aplicación on-line de proxectos, dispoñible na sede electrónica do CDTI (https://sede.cdti.gob.es)
 
Máis información no Departamento de proxectos da Tecnópole