Convocatoria Axudas REINDUS 2016

Search

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo publicou a convocatoria do programa de Reindustrialización e Fortalecemento da Competitividade Industrial para o exercicio 2016 para as cales hai unha dotación económica de máis de 757 millóns de €.

 

As características xerais destas axudas son as seguintes:

 

Beneficiarios

 

Calquera empresa, sexa ou non peme, constituída antes de solicitar a axuda. Aínda que a empresa non estea incluída nun CNAE industrial, poderá solicitar a axuda sempre e cando vaia realizar un investimento industrial.

 

Actuacións financiables

 

·    Creación de establecementos industriais (inicio dunha nova actividade de produción en calquera punto do territorio nacional).

·    Traslado de establecementos industriais (cambio de localización dunha actividade de produción previa cara a calquera punto do territorio nacional).

·    Ampliacións de capacidade de produción instalada en centros de produción existentes, a través da implantación de novas liñas de produción.

·    Mellora e/ou modificación de liñas de produción previamente existentes.

 

Conceptos financiables

 

·    Obra civil (excluídos os terreos)

·    Edificacións (adquisición ou construción)

·    Aparatos, Equipos, Instalacións e Maquinaria

·    Gastos de enxeñería (só para ampliacións, modernizacións e traslados, non para novos establecementos ). A partida de Gastos de Enxeñería será como máximo o 30% do presuposto de adquisición de aparatos, equipos, instalacións e maquinaria.

·    A suma do presuposto en Obra Civil e Edificación non poderá superar o 70% do presuposto total en novas empresas e traslados e, nos proxectos de modernización e ampliación, o importe máximo por estes conceptos será o importe do presuposto en equipos e maquinaria.

 

 

Darase prioridade aos proxectos que incorporen tecnoloxía innovadora, incrementen o nivel de exportación da empresa e/ou creen emprego. Ademais, a avaliación económico-financeira terá un gran peso na avaliación do proxecto que se presente.

 

Financiamento

 

·    Préstamos do ata o 75% dos investimentos, cun prazo de amortización de 10 anos e 3 de carencia, cun máximo de tres veces os Fondos Propios para novas empresas (constituídas en 2016 ou 2015) ou 5 veces os Fondos Propios para empresas constituídas con anterioridade.

·    A valoración económico financeira da empresa e a súa capacidade de devolución do préstamo suporá o 70% da valoración e influirá no custo do financiamento.

·    Establécense tres tramos de tipo de interese segundo a clasificación do beneficiario: Satisfactoria: 4,09%, Boa: 2,29%, Excelente: 1,705%.

·    Esixencia de presentación dun aval mínimo do 10% do importe do préstamo solicitado, a presentar no momento da solicitude da axuda.

·    Introdúcense reducións adicionais en función ás garantías adicionais que a empresa opte por achegar.

 

 

Características do investimento

 

O investimento mínimo será de 75.000€ e o prazo de execución dos investimentos será desde o 01/01/2016 ata 18 meses, a partir da publicación da resolución definitiva de concesión.

 

Prazo de solicitude

 

Desde o 18/04/2016 ao 01/06/2016.

Presentación vía telemática (fai falta firma electrónica).