Axudas ás pemes para actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental

Search

Upcoming Events

There are no events at the moment
Publicáronse DOGA as axudas 2014 ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A continuación móstrase un resumo das condicións destas axudas.
 
  • Grupos de actuacións subvencionables:
         a) Investimentos co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade do aire:
 
           a.1. Investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) considerados polo Protocolo de Quioto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6).
 
           - Investimentos en substitución de equipamentos e instalacións consumidoras de enerxía por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxías de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible, co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2.
 
           - Mellora das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria de potencia superior a 5 kW, xa existentes, así como melloras das instalacións destinadas ao quentamento dun fluido nun proceso industrial (caldeiras e xeradores de vapor, fornos, secadoiros por aire, outros), co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2, incluídas neste punto as melloras consistentes no emprego de enerxías renovables como a solar térmica ou a biomasa como combustible.
 
           - Investimentos en instalacións de xeración de enerxía eléctrica destinada ao propio consumo, a partir de fontes renovables (solar fotovoltaica, eólica, outras), ata unha potencia máxima instalada de 100 kW e que non exceda a demanda enerxética actual.
 
           - Medidas que teñan por obxecto acadar unha mellora enerxética e unha redución efectiva de emisións baseadas no emprego da coxeración.
 
           - Mellora da eficacia enerxética das instalacións de iluminación interior e exterior dos edificios existentes que se renoven, con excepción da destinada á iluminación de emerxencia, de rótulos luminosos e/ou sinalización, tales como:
 
           - Investimentos para a substitución ou adaptación do vehículo para o transporte de mercadorías (sempre que, tratándose de transporte de mercadorías por estrada, este se realice por conta propia) ou pasaxeiros que supoñan unha redución de emisións polo emprego de enerxías alternativas (tales como gas natural, propano, electricidade). No caso da substitución de vehículos, será requisito indispensable para percibir a axuda que a entidade solicitante proceda a dar de baixa definitiva, dentro do prazo de execución, o vehículo obxecto da substitución.
 
           - Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.
 
         a.2. Investimentos que supoñan unha mellora da calidade do aire e/ou unha redución ou mellora na medición das emisións distintas dos GEI. En particular:
 
          - Os investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións á atmosfera distintas dos GEI.
 
          - Os investimentos para a mellora da seguranza das plataformas de medicións en focos e a adaptación da sección de medición á norma UNE-EN 15259 (requisitos das seccións e sitios de medición e para o obxectivo, plan e informe de medición) así como os relativos á mellora e adquisición de equipamentos de medición en continua, SAM.
 
          -  Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.
 
         b) Investimentos destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos
 
         c) Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais.
 
         d) A implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS)
 
         e) Auditoría para a determinación da pegada de carbono corporativa ou dun produto da empresa, incluída a consultoría de determinación e a verificación.
 
  • Contía das axudas: entre un 40% e un 60% dos costes totais subvencionables, con certos límites establecidos, en función do tipo de actuación.
  • Máis información: no DOGA, Consellería de Medio Ambiente e no Departamento de Proxectos de Tecnópole