Axudas do Programa Conecta PEME da Axencia Galega de Innovación

Search

Upcoming Events

There are no events at the moment
Publicouse no DOGA convocatoria das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Aproveitamos para informarlle de que o próximo 24 de setembro ás 10 terá lugar na Tecnópole unha xornada informativa destas axudas. En breve recibirás información máis detallada.
 
- Beneficiarios e requisitos: 
 
- Agrupacións de mínimo entre 3 e 6 pemes independentes entre sí (mínimo unha pequena empresa no consorcio ou subcontratada)
- Participación mínima por socio 75.000 € equilibrado (máx 65% do orzamento para un sólo socio).
- Orzamento mínimo financiable de 600.000 euros.
- Contratación dun organismo de investigación por unha ou varias empresas da agrupación cunha participación mínima do 15 % do total do orzamento financiable do proxecto e máxima do 25 %.
 
- Actividades subvencionables: 
 
- Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos cuxo obxecto é a adquisición de novos coñecementos e técnicas que poidan resultar de utilidade para a creación de novos produtos, procesos ou servizos, ou contribuír a mellorar considerablemente os produtos, procesos ou servizos existentes. Inclúe a creación de compoñentes de sistemas complexos que sexan necesarios para investigación industrial, especialmente a validación de tecnoloxía xenérica, salvo os prototipos.
 
- Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de plans e estruturas ou deseños de produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados. Poderá incluír, por exemplo, outras actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais. Produción e ensaio experimentais de produtos, procesos e servizos, sempre e cando non poidan utilizarse ou transformarse para o seu uso en aplicacións industriais ou para fins comerciais. O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando as ditas modificacións poidan representar melloras deles. Para os efectos desta resolución, non se entenderá incluído o desenvolvemento de prototipos e proxectos piloto que poidan utilizarse para usos comerciais baixo a definición de desenvolvemento experimental, senón só os destinados para efectos de demostración e validación.
 
- Áreas estratégicas: saúde; alimentación, agricultura, pesca e biotecnoloxía; tecnoloxías da información e da comunicación; nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción; enerxía; ambiente (incluído o cambio climático); transporte (incluída a aeronáutica); ciencias socioeconómicas e as humanidades; a seguridade, a construción e enxeñaría civil e o turismo
 
- Custos financiables:
 
a) Custos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar), sempre e cando o tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao desenvolvemento das actividades de I+D do plan de traballo do proxecto.
 
b) Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición, na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto. Se non se utiliza exclusivamente para o proxecto de I+D, so serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables.
 
c) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e adquisición de patentes, así como os custos de consultoría e servizos equivalentes destinados de maneira exclusiva á actividade de investigación. 
 
d) Custos de material, subministracións e produtos similares. Non son financiables os materiais de oficina e consumibles informáticos e Custos de xestión do coordinador/representante do proxecto, entendendo como tales os derivados da coordinación da agrupación, elaboración de informes das actividades de investigación, así como as xustificacións e o labor de interlocución coa Axencia Galega de Innovación.
 
- Intensidade das axudas: 
 
- pequenas empresas - ata 80% en proxectos de investigación industrial e ata o 60% en proxectos de desenvolvemento experimental
- medianas empresas - ata 75% en proxectos de investigación industrial e ata o 50 % en proxectos de desenvolvemento experimental
 
- Prazos: 
 
- inicio das actividades do proxecto debe ser posterior á data de presentación da solicitude. 
- Duración máxima do proxecto ata o 30 de xuño de 2015.
- Prazo de presentación de solicitudes: 06/09/2013 - 05/10/2013.
 
 
 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130905/AnuncioG0198-020913-000... e no Departamento de Proxectos a través desde mesmo correo.