Axudas 2015 do Programa Conecta PEME da Axencia Galega de Innovación

Search

Upcoming Events

O día 22 de decembro publicouse no DOGA a convocatoria 2015 das axudas do Programa Conecta Peme  para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia cofinanciadas por FEDER (código de procedemento IN852A)
 
 
- Beneficiarios e requisitos
 
- Agrupacións de mínimo entre 2 e 6 pemes galegas independentes entre sí (mínimo unha pequena empresa no consorcio ou subcontratada e máximo unha gran empresa)
- Participación mínima por socio 75.000 € equilibrado (máx 65% do orzamento para un sólo socio).
- Orzamento mínimo financiable de 500.000 euros.
- Valoraráse positivamente a contratación dun organismo de investigación por unha ou varias empresas da agrupación
 
- Actividades subvencionables: 
 
Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que podan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes. Comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nun contorno de laboratorio ou nun contorno con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.
 
Desenvolvemento experimental: poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que no estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.
 
Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.
 
Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.
 
 
Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais
Reto 2: O modelo industrial da Galicia do futuro
Reto 3: Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo
 
- Custos financiables:
 
a) Custos de persoal (investigadores, técnicos e demais persoal auxiliar), sempre e cando o tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao desenvolvemento das actividades de I+D do plan de traballo do proxecto e custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de investigación no proxecto cunha dedicación máxima do 70 %
 
b) Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición, na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto. Se non se utiliza exclusivamente para o proxecto de I+D, so serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables.
 
c) Materiais, subministracións e produtos similares.
 
d) Adquisición de patentes.
 
e) Servizos tecnolóxicos externos.
 
f) Subcontratacións como máximo, ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.
 
g) Custos indirectos: o custo subvencionable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 10 % aos custos directos de persoal imputados ao proxecto,
 
- Intensidade das axudas: 
 
Grandes empresas - ata 65% en proxectos de investigación industrial, ata o 40 % en proxectos de desenvolvemento experimental e ata 15% en innovación en materia de procesos e organización
Medianas empresas - ata 75% en proxectos de investigación industrial, ata o 50 % en proxectos de desenvolvemento experimental e ata 50% en innovación en materia de procesos e organización
Pequenas empresas - ata 80% en proxectos de investigación industrial, ata o 60% en proxectos de desenvolvemento experimental e ata 50% en innovación en materia de procesos e organización
 
- Prazos: 
 
- O inicio das actividades do proxecto debe ser posterior á data de presentación da solicitude. 
- Duración máxima do proxecto ata o 30 de novembro de 2018.
- Prazo de presentación de solicitudes: 23/12/2015 - 23/01/2016.
 
 
Máis información e solicitudes: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151222/AnuncioG0198-151215-0001_gl.html e no Departamento de Proxectos a través desde mesmo correo.