Axudas 2013 ás pemes a actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental

Search

Upcoming Events

There are no events at the moment
No DOGA do 7 de maio publicouse a convocatoria para o ano 2013 das Axudas ás Pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco operativo FEDER GALICIA 2007-2013.
 
Mediante estas axudas subvencionaranse as seguintes actuacións:
 
a) Investimentos das empresas co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera (Financiamento de ata un 80% dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 150.000 €)
 
b) Investimentos das empresas destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos. (Financiamento de ata un 80% dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 150.000 €)
 
c) Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (Ata un 60 % do custo da análise de risco ambiental, cun límite máximo de 10.000 €.)
 
d) A implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS). (Ata un 60 % do custo da implantación e verificación co límites en función dos criterios de valoración: consultar bases).
 
e) Auditoría para a determinación da pegada de carbono dun produto (ata un máximo do 60 % de gasto subvencionable, sempre que a contía máxima da axuda non supere os 10.000 euros, incluídos os gastos de consultoría para a súa determinación e verificación)
 
O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o vindeiro 7 de xuño de 2013.