Aerocámaras logra a primeira autorización para voar con drons no centro de Madrid

Aerocámaras converteuse o pasado 25 de abril na primeira empresa en voar drons no centro de Madrid. O motivo, unha rodaxe audiovisual con planos aéreos da capital en zonas como Gran Vía, Cibeles, Callao, las Cuatro Torres o Fuente Neptuno, entre outras.
 
Jaime Pereira, o responsable da compañía galega, foi o encargado de rodar estas escenas de edificios e rúas desertas; imaxes imposibles ata hai moi pouco tempo. De feito, voar drons para facer planos aéreos no centro de Madrid e arredores é algo case utópico. A razón é que a capital de España é un dos lugares máis restrinxidos e protexidos do país para voar con estas aeronaves. Estas áreas inclúen espazos reservados como aeroportos, heliportos e edificios gobernamentais.
 
Isto sumado á alta densidade urbana, as propiedades da familia real e a base aérea de Xetafe, entre outras zonas limitadas, fan de Madrid un lugar case prohibido para os drons. Desta forma, Aerocámaras senta un precedente conseguindo autorización oficial para rodar estas imaxes inéditas no centro de Madrid.
 
Vantaxes de voar drons en cidade
 
A aparición do Covid-19 ampliou as funcións e o potencial dos drons para combater o coronavirus. Por exemplo, incrementouse o seu uso para tarefas de seguridade e seguimento ou desinfección de espazos públicos. De feito, as aplicacións de emprego dos drons abranuen case todos os sectores: sanidade, loxística, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e medios de comunicación, entre outros.
 
O uso dos drons tamén destaca pola súa capacidade de realizar operacións técnicas como transporte de material médico e sanitario, a inspección de obras ou os levantamentos e medicións topográficas. Facer este tipo de intervencións sen drons nunha cidade levaría o dobre de tempo e esforzo. Precisamente, os drons destacan pola súa gran versatilidade e axilidade á hora de realizar tarefas técnicas en núcleos urbanos que serían inviables doutro xeito.
 
Fonte: Aerocámaras