Instalacións deportivas de Tecnópole

 

Instalacións deportivas de Tecnópole

 
 
As instalacións deportivas coas que conta Tecnópole, cunha superficie de 16.000 m2 aproximadamente, foron totalmente remodeladas e actualizadas grazas a un investimento de máis de 300.000 euros por parte da Xunta de Galicia. Actualmente, están en uso: unha pista polideportiva descuberta, dúas pistas de tenis e unha piscina descuberta de 25 metros de largo e 12,50 de ancho.
 
A piscina dotouse dun sistema de depuración, os vestiarios e o propio vaso foron optimizados de xeito integral. Ademais, melloráronse as condicións para as persoas con mobilidade reducida, tanto na accesibilidade ao recinto como á zona de baño. As instalacións deportivas anexas tamén foron remodeladas, coa instalación de novas porterías, canastras, etc.
 
As instalacións contan con dúas novidades tecnolóxicas: acceso gratuíto a conexión wifi para todos os bañistas e unha aplicación móbil, tamén de descarga gratuíta, que permite aboar a entrada á piscina e tamén os servizos asociados a ela, como o aluguer de hamacas, canchas de tenis e parasoles. Ademais, a piscina conta con servizo de bar a través dunha gastroneta con terraza.
 
Todos estes servizos están a disposición de calquera persoa, familia ou grupo. O custo da entrada é de dous euros, coa aplicación de bonificacións en caso de comprar un bono. Dende esta aplicación pódense adquirir os tecnópoles necesarios para poder acceder á piscina e o resto de servizos ofertados. Ademais os empregados das empresas pertencentes a Tecnópole dispoñen de descontos á hora de adquirir os tecnópoles a través da aplicación.
 
O aforo máximo é de 500 persoas, das que ata 150 poden estar no vaso ao mesmo tempo.
 
Abertas do 1 de xuño ao 15 de setembro.
 
O horario de apertura ao público é de 12.00 horas a 21.00 horas no período comprendido entre o 1 de xuño e o 15 de agosto, e de 12.00 horas a 20.00 horas do 16 de agosto ao 15 de setembro.
 
Links de descarga da app:
 
Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.rntecnopoleapp&pcampai...
 
iOS: https://itunes.apple.com/es/app/tecnopole/id1459531866?mt=8