APTE pon en marcha un blog con información sobre convocatorias de axudas e outros temas de actualidade

A Asociación de Parques Tecnolóxicos e Científicos de España (APTE)  puxo en marcha un novo blog como ferramenta complementaria e aglutinadora de todos os produtos informativos que elabora.

Esta nova ferramenta de comunicación servirá para informar a todos os seus membros, a todo o sistema español de innovación e á sociedade en xeral sobre os temas máis actuais relativos aos parques científicos e tecnolóxicos, xa sexan noticias de interese para o sector, convocatorias, ofertas de  emprego, premios, etc.
 
O blog está dispoñible en http://apteinfo.blogspot.com.es/.

(Fonte: APTE)