Cada participante pode presentar un máximo de tres fotografías ou un vídeo orixinais e inéditos a través de correo electrónico (sabela@tecnopole.es) ou da canle de Tecnópole en Twitter mediante mensaxe directa ou usando o hashtag #Tecnoambiental, indicando o nome da obra e un contacto.
A resolución do premio, que consistirá nun vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos e outros 100 euros para accesorios de vídeo, darase a coñecer o día 29 de xuño.
As fotografías poderán estar en formato JPG ou TIFF, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeis (abondará unha cámara de 2Mpx), para poder reproducir as fotos en formato 30 x 20 cm. Se é un vídeo, ha de ter unha duración máxima dun minuto.
(Fonte: Tecnópole)