Actualidade Económica distingue a Contact Comunicación no seu certame das 100 ideas máis innovadoras do ano

A revista Actualidade Económica entregou recentemente en Madrid os seus premios ás 100 ideas máis innovadoras do ano. Entre as empresas galardoadas atópase a galega Contact Comunicación, situada en Tecnópole.
Esta empresa destaca polos seus proxectos innovadores, que tratan de sacar o máximo partido ás tecnoloxías dixitais, aplicándoas ao seu ámbito de traballo, a consultoría en mercadotecnia. Este recoñecemento únese a outros recibidos por esta nova empresa, contribuíndo a afianzar a súa traxectoria e a súa expansión a nivel nacional.

Algunhas das empresas que tamén foron galardoas pola súa actividade innovadora foron Eroski, Acciona, Fagor, Nokia e Philips, entre outras.

(Fonte: Contact Comunicación)