Garantía recíproca, outra vía para sacar adiante un proxecto emprendedor

Aforros, amigos e familiares, bancos, business angels, fondos de capital risco... Son as portas que se tocan habitualmente á hora de conseguir financiamento para crear unha empresa. Pero os emprendedores tamén dispoñen doutras alternativas tradicionais das que obter capital externo ou, simplemente, avalar a petición dun empréstito. Son as sociedades de garantía recíproca, unha opción en auxe neste período de crise de liquidez.

"A través do aval, o que se persegue é obter o crédito. Nós avalamos o 100% para conseguir mellores condicións", explica en conversación con este diario Juan Luis Fernández-Rubíes, conselleiro delegado de Avalmadrid, a sociedade de garantía recíproca (SGR) da Comunidade de Madrid. Trátase da entidade deste tipo máis importante do Estado con operacións cun saldo vivo ao redor de 600 millóns de euros, ou o 10% dos 6000 millóns que moven as SGRs en España.

A súa función é a de facilitar o acceso ao financiamento a través do aval e que este sexa nas mellores condicións posibles do mercado, tanto en custo coma en prazo, apoiando deste xeito á peme e ao autónomo co apoio mutual dos socios que forman parte e participan na institución. "Grazas aos nosos avais, en 2011 creáronse dúas empresas novas cada día", engade Fernández-Rubíes. En concreto, Avalmadrid aprobou operacións por un importe superior aos 36 millóns de euros, que contribuíron á crear 1864 postos de traballo.

Segundo os datos facilitados pola sociedade, dende que en 2004 se crease o Departamento de Nova Empresa, "cuxo único obxectivo é facilitar o acceso ao financiamento aos emprendedores", aprobáronse ata agora máis de 3800 operacións de emprendedores por un importe de máis de 200 millóns de euros, contribuíndo deste xeito á creación de case 10.000 postos de traballo na Comunidade de Madrid.

"É obvio que coa crise notamos novas figuras de emprendedores como xente que capitaliza o paro ou que se fai autónomo. O emprendedor sempre leva risco. A mortaldade é importante nestas fases iniciais, pero para aprobar unha operación valoramos o plan de negocio, a experiencia, e esforzo financeiro... Pero sobre todo gústanos a proximidade coa persoa e coñecelo. Débese montar proxectos conforme ás capacidades do emprendedor", apunta o responsable da entidade.

Neste sentido, Avalmadrid desenvolve unha liña de emprendedores xunto coa Dirección Xeral de Peme do Ministerio de Industria. Esta liña establece condicións preferentes tanto en custo coma en prazo para potenciar a creación de empresas sobre proxectos empresariais viables e rendibles en termos de xeración de riqueza e emprego. Con carácter xeral, os investimentos que se poden acometer a través desta liña inclúen os activos fixos produtivos (novos ou de segunda man), os gastos de posta en marcha inherentes á súa constitución e o activo circulante necesario para o desenvolvemento da actividade. Tamén se poderán financiar os vehículos turismos afectos á actividade e vehículos comerciais; licenzas de taxis e vehículos correspondentes; investimentos necesarios para franquías e a adquisición de empresas e/ou traspasos de negocios. Segundo recoñecen en Avalmadrid, precisamente, o sector franquía é un dos máis recorrentes entre os seus avalados, debido a que o perfil de negocio comporta menor risco.

(Fonte: El Confidencial)