Unha empresa española crea un servizo on line para conectar pacientes e médicos dende un móbil ou portátil

A empresa española Wellness Telecom deseña unha plataforma web de seguimento de saúde baseado en intelixencia artificial, o que permite unha relación continuada entre os profesionais sanitarios e os enfermos.
 
O sistema clasifica os pacientes nunha pirámide segundo o seu nivel de saúde, de forma que as ferramentas de seguimento que se lle apliquen sexan as axeitadas. Así, nos niveis un e dous desta pirámide, atópanse as persoas sas sen factores de risco e os enfermos por tempo limitado. Para eles, o control é sinxelo e realízase a través de dispositivos móbiles como smartphones, portátiles ou tablets.
 
Nos niveis tres e catro, sitúanse os pacientes crónicos estables e inestables, que necesitan unha comunicación máis estreita e outro tipo de ferramentas, como videoconferencias ou biosensores.
 
A plataforma de Wellness Telecom denomínase 'Consultoría 3.0'. Permitirá un servizo continuado de seguimento de saúde e comunicación bidireccional médico-paciente a través de tecnoloxías semánticas e intelixencia artificial, enmarcadas nun ámbito web 3.0, accesible dende dispositivos móbiles, tanto smartphone, tablet ou portátil.
 
O obxectivo do proxecto é facilitar a autonomía dos pacientes que acoden aos centros de saúde, de forma que se diminúa a carga de traballo do persoal sanitario e se priorice a atención e o seguimento dos enfermos.
 
(Fonte: Spain Technology)