Tecnópole recibirá o seu follower número 1000 cun regalo sorpresa

A comunidade de Tecnópole na rede de microblogging Twitter non deixou de crecer desde a súa posta en marcha. Neste momento, son máis de 990 os seguidores de Parque Tecnolóxico de Galicia neste canal e para celebrar a inminente chegada do follower número 1000 enviaráselle un obsequio sorpresa á persoa que coincida con esa cifra.
 
Así pois, desde Tecnópole animamos a todos os subscritores da newsletter que aínda non nos seguen en Twitter a que proben sorte. A cambio, aínda que non sexan o follower número 1000, prometemos información actualizada sobre as nosas iniciativas e as das nosas empresas e centros tecnolóxicos.
 
(Fonte:Tecnópole)