O vehículo voador do futuro

O FlyNano é único na súa especie. É un vehículo voador individual que pode alcanzar unha velocidade máxima de 140 quilómetros e grazas ao seu sorprendente peso de só 70 quilogramos, non necesita licenza para ser pilotado.
 
O seu creador, o enxeñeiro aeroespacial finlandés Aki Suokas, planea comercializalo en tres versións diferentes, cuxo maior prezo alcanza os 39.000 dólares, relativamente económico para un transporte tan novidoso e o prezo que pode custar un coche.
 
Aero Friedrichshafen é unha feira internacional de aviación e, como tal, un excelente lugar para mostrar conceptos innovadores e ata revolucionarios. Aínda non o sabemos de que acusar, máis alá de impresionante, pero Aki Suokas presentou o FlyNano, un vehículo voador livián e individual, capaz de despegar e aterrar dende a auga e, despois de todo, relativamente económico.
 
Unha das cousas máis sorprendentes do FlyNano é que quen o queira voar non necesita dunha licenza. Isto débese a que, polo seu peso, non se trata dun avión. Grazas á súa construción de fibra de carbono e deseño minimalista, pesa tan só 70 quilogramos. E por esa mesma razón, tamén podes despegar e aterrar tanto sobre auga como en terra. Contando o ancho das súas ás, mide case cinco metros, é capaz de soportar un peso máximo de 200 quilos e ten un límite de velocidade de 140 quilómetros por hora.
 
En tres versións
 
Polo momento, o FlyNano comercializarase en tres versións: A versión eléctrica (E200), a gasolina (G240) e finalmente a versión de carreira (R260/300) que corresponde ás especificacións mencionadas anteriormente. Por suposto, cada unha das versións terá as súas diferenzas. Por exemplo, a eléctrica ten unha velocidade máxima de 40 quilómetros por hora, pero en comparación ao resto, é completamente silenciosa.
 
Este pode ser un paso moi importante para os vehículos voadores individuais, polo simple feito de que non necesita licenza para ser pilotado. É certo que leva consigo as súas limitacións, pero seguramente serve á perfección para pasear nun radio de 70 quilómetros de distancia.
 
(Fonte: ABC)