VENDE ... SEN VENDER

Warning message

The registration deadline ended
Mon
Tue
Wed
Thu
Fri
Sat
Sun
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
February 2020
 

"O mundo cambiou, as relacións cambiaron e as persoas cambiaron. Queiras ou non as vendas tamén cambiaron"

Esta é unha das afirmacións que Felipe García (linkedin), experto en vendas con intelixencia emocional e coach de equipos comerciais, comparte en calquera conversación que verse sobre o mundo das vendas.
 
Despois de ter pasado por entidades nacionais e internacionais como, entre outras, Vobis Microcomputer, Amena ou ONO este apaixonado do mundo comercial estará en Tecnópole o próximo 9 de maio para compartir a súa visión e experiencia sobre o novo modelo das vendas.
 
Felipe García falaranos sobre:
  • ¿Que é vender? quizás teñamos que repasar o que entendemos por vender antes de poñernos a iso.
  • ¿Que vende hoxe? porque o que lograba vendas hai 10 ou 15 anos, hoxe por hoxe, non só non funciona senón que pode chegar a restar credibilidade ante o noso cliente.
  • ¿Cales son os piares da venda? axiomas sobre os que se basean o novo modelo de vendas.
  • ¿Como inflúe a intelixencia emocional nas vendas? non nos esquezamos que tratamos con persoas polo que algo tan importante como mellorar o modo de empatizar e relacionarnos é vital para conseguir clientes rendibles e satisfeitos.
  • ¿Como actualizar o teu modo de venda? pasos a seguir para adaptar o noso modo de venda ao novo modelo.
Tras a súa exposición abrirase unha quenda de preguntas de cara a que as persoas asistentes poidan expoñer as súas preguntas e contar coa valoración do experto.
 
9 DE MAIO DE 2014
11:30 h a 13:30 h
Edificio CEI

Inscrición