Experiencia-Taller voo dun dron profesional

Mensaxe de aviso

O prazo de inscrición rematou
Este taller de iniciación en drons foi deseñado para que o alumno adquira os coñecementos básicos necesarios para poder gozar ao 100% a experiencia de voar drons profesionais.
 

Datos do curso

  • Modalidade: Presencial (8h)
  • Data: 22 de febreiro
  • Duración do curso: Xornada Completa
  • Horarios de clases: De 10 a 14h e 16h a 20h
  • Lugar: Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense)
  • Prezo: 99 €
  • Prazas: 25 Alumnos
 

¿Quen o imparte?

AEROCÁMARAS
  • Escolas de pilotos repartidas por todo o territorio nacional (Valencia, Madrid, Málaga, Sevilla, Granada, Pontevedra, Cáceres e Ourense).
  • Operadora de drons pioneira en España Operadora de RPA´S 17758/RG 18245 Dreams Factory  Aerocámaras Autorizada por AESA.
  • Desenvolvemento de actividade en máis de 8 países do mundo.
  • Clientes potenciais a nivel Nacional e Internacional (Mediaset, TVE, Atresmedia, Pemex, Inasus ...)
  • Colaboración e formación Universidade de Vigo, Universidade San Pablo CEU, Universidade de Cádiz, Escola Politécnica de Madrid, AUGC, SUP, Exercito de Terra, Deputación de Ourense, Seganosa ...
 

Descrición do curso

Clases Teórico-prácticas: 8 horas
 
O alumno recibirá coñecementos xerais de lexislación, diferentes modelos, as súas utilidades e nocións básicas de voo entre outros temas.
 
O curso impartirase nunha aula de formación, e campo de voo onde o alumno realizará exercicios, estando titorizado polos docentes especializados. Unha vez finalizado o curso, os alumnos terán acceso a todos os descontos de formación e equipos profesionais no caso de que queiran realizar a formación oficial de piloto de drons ou comprar un aparato profesional, así como, diferentes facilidades de pago.
 

¿A quen vai dirixido?

  • A todo o público interesado en alcanzar unha visión global e técnica dos drons, a súa utilidade presente e futura naqueles temas como a enxeñería, a seguridade, emerxencias, sector audiovisual ou inspeccións técnicas entre outros.
  • Persoas iniciadas na tecnoloxía e orientadas ao uso profesional dos drons, tanto desde o punto de vista da xestión como o voo e operación.
  • Oportunidade para adquirir unha sólida base no coñecemento dos drons, necesaria para a especialización futura na operación dos equipos e sistemas.
  • Investidores, emprendedores, pilotos de drons, universitarios, investigadores, persoas interesadas na tecnoloxía, etc.
 

Contidos do taller

  • Introdución e historia dos drons.
  • Lexislación vixente.
  • Principios de voo.
  • Compoñentes básicos e tipoloxías dun dron.
  • Capacidades técnicas e límites (payloads, autonomía ...)
  • Mecanismo de sustentación e voo. Principios de voo.
  • Equipos e sistemas. Mantemento.
  • Medidas de seguridade.
  • Casos Prácticos.
  • Experiencia de voo dun dron profesional.
INSCRICIÓN
Para a formalización da inscrición é necesario o pago dos 99 € á seguinte conta bancaria e o envío do xustificante a bea@tecnopole.es.
Nº Conta: IBAN ES98 2080 5041 18 3040035290.
Beneficiario: Aerocámaras.
Concepto: Experiencia 1 Tecnopole.