Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico

Tecnópole e a Axencia Galega de Innovación, como membros do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network, organizan o Matchmaking event que se celebrará en Vigo o 23 de outubro de 2018 no marco da Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico.
 
A conferencia, que terá lugar o 23 e 24 de outubro de 2018, destacará os logros do Plan de Acción Atlántico en termos de proxectos implementados e iniciativas levadas a cabo polos stakeholders e institucións, así como as oportunidades de financiamento existentes a nivel nacional, rexional e europeo. Farase especial fincapé no papel das pemes da área atlántica no seu papel de empregadores e innovadores cruciais no ámbito marítimo
 
Durante o primeiro día da conferencia, os socios da Enterprise Europe Network en Galicia, (GAIN e Tecnópole), organizaremos un evento de Matchmaking para entidades e pemes situadas na rexión atlántica co obxectivo de que poidan coñecer a socios potenciais a través de reunións bilaterais concertadas previamente.
 
Os participantes tamén terán a oportunidade única de reunirse con representantes da Comisión Europea, o BEI, a Rede de Business Angels, ministerios e outras institucións para discutir a posibilidade de presentar ideas de proxectos específicos para as próximas convocatorias, e coñecer de primeira man as oportunidades de financiamento.
 
Datas límite
  • Rexistro: 13/06 – 15/10
  • Selección de reunións: 03/09 – 21/10
  • Axenda final: 22/10
  • Evento: 23/10
 
Rexistro ao evento de Matchmaking través da páxina web:
 
Máis información e programa da conferencia: