Almorzos Tecnolóxicos

Vés almorzar con nós?

 
Esta serie de almorzos tecnolóxicos enmárcase dentro do obxectivo de promocionar a competitividade das empresas do parque e dos grupos de investigación que traballan nos diferentes centros tecnolóxicos instalados no parque a través da promoción da súa tecnoloxía e o fomento da colaboración a través de intercambio de coñecementos tecnolóxicos, ou ben de compra - venda de tecnoloxía ou dos servizos que se prestan mediante esa tecnoloxía.
 
O público obxectivo serán as propias empresas do parque – entidades a promocionar- e as empresas situadas no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
 
O obxectivo final destes almorzos tecnolóxicos é que os participantes se coñezan entre si e expresen os seus intereses e áreas tecnolóxicas nas que traballan relacionadas co tema exposto de cara a posibles colaboracións cos presentes no futuro. Previo á xornada, as empresas fan unha pequena rolda de presentación co obxecto de fomentar a iteración entre elas facendo fincapé nas novas incorporacións da Tecnópole.
 
Así mesmo, dos almorzos sairá un catálogo con periodicidade semestral en formato dixital que dará a coñecer as tecnoloxías innovadoras realizadas polas empresas presentadas en cada edición.
 
Duración: seis meses.
Frecuencia: unha ao mes.
Lugar: 3ª Planta do Edificio CEI.
 
  • Mércores 10 maio de 9:30h a 10:30h
    Presentación da Rede EEN Galactea Plus. Conecta a túa empresa a Europa.
    Beatriz Tejada e Sabela Bouzo
    Departamento de Proxectos do Parque Tecnolóxico de Galicia S.A.
     
    Inscrición
     
  • Mércores 26 de abril de 9:30h a 10:30h
    Importancia da comunicación no ámbito profesional.
    Alba Formoso Ramos
    Directora de TALKK. Escuela de Oratoria. Debate. Coaching.
     
  • Mércores 15 de marzo de 9:30h a 10:30h
    Os retos do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea.
    Álvaro Gómez Vieites
    Consultor asociado de Inprosec e profesor de IESIDE.
     
  • Martes 14 de febreiro de 9:30h a 10:30h
    A experiencia da firma Txstockdata no sector fintech co desenvolvemento da app Senseitrade capaz de recomendar os valores en Bolsa nos que convén investir.
    Oscar Barba e David Conde.
     
  • Mércores 25 de xaneiro de 9:30h a 10:30h
    Peche contable e fiscal.
    Experiencias prácticas e cuestións conflitivas extraídas do primeiro peche baixo a nova normativa do Imposto sobre Sociedades que entrou en vigor no exercicio 2015.
    Francisco Soto Balirac.
    Asociado principal da práctica de Dereito Fiscal en Garrigues e profesor do Grao de Administración e Dirección de Empresas da Escola de Negocios Afundación