Economía e Industria inicia na Tecnópole o adestramento intensivo dos futuros membros da Rede de Xestores de Innovación de Galicia
Enviado por tecnopole en Lun, 16/08/2010 - 10:24.Os futuros membros da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA), promovida pola Consellería de Economía e Industria, iniciaron esta mañá o seu período de formación intensiva na Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia, Ourense).
Tecnópole e o Polígono de Sabón logran proxectos conxuntos de I+D+I entre as súas empresas
Enviado por tecnopole en Mar, 20/07/2010 - 12:41.Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- e o Polígono Industrial de Sabón (Arteixo, A Coruña) presentarán mañá mércores en Madrid a súa experiencia de colaboración no marco do Programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT), logo de ser elixida como caso de éxito entre todas as levadas a cabo en España.
Un investigador do CITI gaña o I Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental'
Enviado por tecnopole en Lun, 05/07/2010 - 14:32.Julio Rodríguez, investigador do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo en Tecnópole, é o gañador do I Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
Tecnópole produce un novo vídeo corporativo e renova a súa galería de fotografías
Enviado por tecnopole en Xov, 01/07/2010 - 18:06.Tecnópole acaba de aloxar na plataforma multimedia Vimeo o seu novo vídeo corporativo e de renovar a súa galería fotográfica en Flickr incorporando espectaculares imaxes aéreas e da actividade desenvolvida en empresas e centros tecnolóxicos.
Investigadores mozos adestrados na Tecnópole presentan o prototipo de sonda espacial co que competirán na Universidade de Standford
Enviado por tecnopole en Xov, 17/06/2010 - 18:18.Unha sonda espacial, un armario intelixente, un sistema de produción de enerxía mediante biomasa e varias aplicacións para a web 3.0 son os proxectos que medio cento de investigadores mozos e futuros tecnólogos presentaron esta tarde na Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia-.
Tecnópole organiza unha xornada informativa sobre os programas de axudas para a contratación de persoal investigador
Enviado por tecnopole en Xov, 03/06/2010 - 14:20.O departamento de proxectos da Tecnópole organiza o vindeiro xoves día 10 de xuño unha reunión informativa sobre os programas de axudas para a contratación de persoal investigador INNCORPORA e MARIE CURIE.
Tecnópole celebra o Día Mundial do Medio Ambiente co I Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental'
Enviado por tecnopole en Mér, 02/06/2010 - 12:32.Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o Día Mundial do Medio Ambiente convocando o I Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole até o 30 de xuño.














